Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a realización do Mapa tecnolóxico e de recursos humanos de Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a realización do Mapa tecnolóxico e de recursos humanos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 7/99.

2. a) Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia técnica para a realización do Mapa tecnolóxico e de recursos humanos de Galicia, desagregado en 8 lotes, que se relacionan a continuación:

Lote 1: sector agropecuario.

Lote 2: biotecnoloxías.

Lote 3: tecnoloxía de materiais.

Lote 4: producción e distribución de enerxía.

Lote 5:

Industria química.

Reciclaxe.

Lote 6:

Fabricación de productos metálicos, materiais eléctricos e maquinaria.

Industria do automóbil: fabricación, mantemento e reparación.

Lote 7:

Telecomunicacións.

Cinematografía.

Artes gráficas.

Lote 8:

Confección.

Peletería.

b) Prazo: catro meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: vintesete millóns de pesetas incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE). Este orzamento máximo distribúese como se sinala a continuación:

Lote 1: 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 2: 2.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 3: 4.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 4: 2.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 5: 3.750.000 ptas., IVE incluído.

Lote 6: 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 7: 3.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 8: 2.250.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidad: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 30 de abril de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do día 11 de maio de 1999. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica