Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Técnicos e Instaladores de Estaciones de Servicio de Galicia (Atiesga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Técnicos e Instaladores de Estaciones de Servicio de Galicia (Atiesga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas e xurídicas que, en réxime de empresa se dediquen a: A) instalación, reparación ou modificación dos aparellos, medios ou sistemas de medida líquidos distintos da auga, destinados a subministración de carburantes e combustibles líquidos; e B) instalación electromecánica de estacións de servicio e instalacións para o consumo propio.

Asinan a acta de constitución: César González Gamallo, e seis persoas máis, que actúan en nome propio ou en nome das empresas que representan.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais