Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Asociación Provincial Autónoma de Empresas Transportistas de Mercancías por Carretera de Ourense, que no sucesivo e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera (Apetamcor).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 26 de febreiro de 1999, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, María Elisa Otero López, avalada co visto e prace do seu presidente, Ricardo Díaz González, na que se recolle

o acordo acadado por unanimidade pola asemblea xeral ordinaria celebrada o día 11 de xullo de 1998, e que se concreta na modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles o que fai referencia ó ámbito territorial da asociación.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais