Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Colectivo de Pensionistas e Xubilados da Confederación Intersindical Galega (CIG Pensionista).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Colectivo de Pensionistas e Xubilados da Confederación Intersindical Galega (CIG Pensionista), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: tódolos pensionistas e xubilados organizados na CIG Pensionistas. Teñen a obriga de ser afiliados/as da central sindical.

Asinan a acta de constitución: Gonzalo Gómez Rodríguez e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais