Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de febreiro de 1999 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto) establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Ó ter solicitado un centro o dito recoñecemento, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escola de navegación de lecer na categoría que corresponda o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica-prácticas).

-Aluyates Galicia, S.L. CIF: B-36819969, sito na localidade de Vigo (Pontevedra), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN005.

O recoñecemento limítase á realización de prácticas básicas de seguridade e navegación.

Artigo 2º

Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura