Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de novembro de 1998 pola que se aproba a transmisión de titularidade da granxa mariña de salmón sita en Valdoviño fronte a Illa Castelo-Praia Portiño e Moureira (A Coruña), titularidade de Martesanal, S.L. a favor de Luso Hispana de Acuicultura, S.L.

Visto o expediente relativo á solicitude de autorización para levar a cabo a transmisión de titularidade da granxa mariña sita en Valdoviño fronte a Illa Castelo-Praia Portiño e Moureira, (A Coruña), titularidade de Martesanal, S.L., a favor de Luso Hispana de Acuicultura, S.L. (CIF B-36824811).

Tendo en conta que a empresa Martesanal, S.L. obtivo autorización previa de transmisión de titularidade con data 6-10-1998 e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Tendo en conta que con data 24-8-1998, o Ministerio de Medio Ambiente conceden a autorización de transmisión a favor de Luso Hispana de Acuicultura, S.L.para ocupación de 1.185 m de dominio público marítimo terrestre.

Vista a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Vista a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Esta consellería, en virtude das atribuciones conferidas, e tendo en contan os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, resolve:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade Luso Luso Hispana de Acuicultura, S.L. con CIF B-36824811, a titularidade do permiso de actividade e concesión administrativa do seguinte establecemento:

Establecemento: granxa mariña.

Situación: Valdoviño fronte a Illa Castelo-Praia Portiño e Moureira, (A coruña).

Especie: salmón atlántico (Salmo salar).

Permiso de actividade e concesión de dominio público: Orde do 21-9-1987 (DOG nº 234, do 4 de decembro).

Transferencia e prórroga da concesión de ocupación de dominio público: resolución do Ministerio de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Costas, do 24 de agosto de 1998.

Vixencia da concesión de ocupación de dominio público: 4-12-2007.

Vixencia do permiso de actividade: 4-12-2007.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario.

Esta resolución pon fin á via administrativa segundo o artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co artigo 58 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución, logo de comunicación ó órgano que adoptou o acto impugnado, de conformidade co artigo 110.2º da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura