Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.473

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (131/1998).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos

desta cidade e o seu partido, dou fe: de que nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 131/1998, se dictou sentencia, co encabezamento e decisión do teor literal que segue:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999. Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas 131/1998, no que actuaron, como partes, dunha banda, o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutra, como denunciante, Pilar Penas Aldrey e, como denunciado, Juan Vidal Nieto (seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos xurídicos).

Decido que debo condenar e condeno a Juan Vidal Nieto como autor da falta antes descrita, á pena de trinta días de multa cunha cota diaria de 500 pesetas (15.000 pesetas en total), cun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas, con imposición ó denunciado das custas do xuízo.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación da proba ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a nulidade do xuízo por infracción de normas e garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que no poida ser reparada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión».

Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a reparación da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor na primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

E para a súa publicación no DOG e para que lle sirva de notificación en forma a Pilar Penas Aldrey e Juan Vidal Nieto, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, o un de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado

2144