Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.473

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (34/1999).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia Único de Padrón (A Coruña).

Fago saber: que neste xulgado se tramita expediente de suspensión de pagamentos, rexistrado co número 34/1999, no que por proveído do día da data se acordou a revogación do cargo de interventor do acredor Comercial Pardal, S.L., sendo nomeado na súa substitución a Axencia Estatal de Adminsitración Tributaria.

E para que conste e para os efectos previstos no artigo 4 da Lei de suspensión de pagamentos do 26 de xullo de 1922, expido e asino este edicto en Padrón o 15 de febreiro de 1999.

Luis Fernández-Arias González

Secretario