Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

María Esther Álvarez Martínez, secretaria xeral do Concello de Arteixo (A Coruña),

Certifica que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do un de marzo de mil novecentos noventa e nove adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

4.-Dictames e adopción de acordos da Comisión Informativa de Urbanismo e Medio Ambiente, correspondente ó día 23 de febreiro de 1999.

Proxectos de urbanización.

Aprobación inicial:

Dáse conta do expediente 7/99 PUR, promovido por Javier Nogueiras Mascarenhas, en representación de Neisa, Grupo Riofisa, División Residencial, presentando escrito con número de rexistro de entrada 1.096 do 1 de febreiro de 1999 ó que se achega proxecto de urbanización do Plan parcial A Zapateira, 1, na Zapateira-Arteixo, redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas.

Atendido que no expediente incoado para o efecto constan informes favorables xurídico e técnico emitidos pola secretaria xeral deste concello e polo arquitecto municipal, respectivamente, ámbolos dous con data do 23 de febreiro de 1999.

A Comisión de Goberno, examinado o expediente, tomando en consideración os informes favorables do arquitecto municipal e da secretaria xeral, e visto o R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, no non derrogado pola Lei 6/1998, do 13 de abril, o Regulamento de planeamento urbanístico, a Lei 1/1997, do 24 de marzo, a Lei 7/1997, do 14 de abril, no non derrogado pola Lei 6/1998, do 13 de abril, o vixente texto refundido das normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal e demais normativa de xeral e pertinente aplicación, e visto, así mesmo, o dictame emitido pola comisión informativa, en votación ordinaria e por unanimidade, acorda:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización, promovido por Javier Nogueiras Mascarenhas, en representación de Neisa, Grupo Riofisa, División Residencial, que ten por obxecto a urbanización do Plan parcial A Zapateira I-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas.

Segundo.-Abrir trámite de información pública, anunciando no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Terceiro.-Notificarlle o contido deste acordo ó propietario único directamente afectado.

Cuarto.-Aprobar provisionalmente a liquidación da taxa con que resulta gravado este proxecto de urbanización de acordo co seguinte detalle: taxa: 834.225 ptas. (O. fiscal nº 10). Pendente de pagamento.

E para que así conste para os efectos oportunos, expido esta orde e con visto e prace do alcalde, en Arteixo o quince de marzo de mil novecentos noventa e nove.

María Esther Álvarez Martínez

Secretaria xeral

Visto e prace

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente