Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO de contratación.

En virtude do acordado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de marzo de 1999, anúnciase concurso con procedemento aberto, para a adxudicación das seguintes obras, incluídas no Programa de Acción Especial de 1999, denominadas:

-Rede de sumidoiros en Vilarraso e Aranga.

Tipo de licitación: 17.192.711 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

-Mellora da instalación de iluminación pública en Aranga, Muniferral, Fervenzas, Cambás, Vilarraso e Feás.

Tipo de licitación: 6.718.104 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional do 2% e definitiva do 4% do prezo de licitación.

Expediente: poderá ser examinado en secretaría en horas de oficina.

Proposicións: no prazo de 26 días naturais desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, nas oficinas municipais, en horas de 9 a 13.

Modelo de proposición: en modelo oficial conforme o prego de cláusulas administrativas xerais.

Apertura de proposicións: na sala de sesións, o día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

Aranga, 4 de marzo de 1999.

José Mosquera Maceiras

Alcalde-presidente