Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 25 de marzo de 1999 Páx. 3.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

No BOP nº 43, do 23 de febreiro de 1999, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión de tres postos afectados polo artigo 15 da Lei de medidas para a reforma da función pública, previstos na oferta de emprego público para 1999, as cales foron aprobadas polo Pleno Municipal na súa sesión celebrada o 5 de febreiro de 1999.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 1 de marzo de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde