Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.357

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 2 de marzo de 1999 pola que se fai pública a convocatoria de seis prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A. Centro Superior de Hostalería de Galicia.

A.1 Posto: profesor responsable do departamento de Márketing (REF. MK-299).

1) Funcións principais: responsabilizarse do deseño das materias de márketing (incluíndo elaboración de material, impartición de clases e avaliación de alumnos). Encargarse das áreas comercial, márketing e relacións públicas no funcionamento do CSHG, e supervisar e coordina-lo traballo do persoal ó seu cargo.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-Titulación universitaria e formación específica en márketing.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán en postos de responsabilidade.

-Experiencia docente de 6 meses.

-Coñecementos de inglés.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración e coordinación de equipos de traballo.

5) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio) sobre: análise e investigación de mercados, márketing estratéxico e ferramentas do márketing Mix. O temario correspondente a esta proba recóllese no anexo I.

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97 e Microsoft Excel 97.

-Inglés: oral e escrito.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

A.2 Posto: profesor de idiomas (REF. ING-399).

1) Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias de idiomas (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Experiencia docente de 12 meses.

-Estadía, en país onde o idioma inglés sexa oficial, de 12 meses.

-Dominio oral e escrito do idioma inglés.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de francés e alemán.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5) Probas que se van realizar:

-Exame oral e escrito de inglés (eliminatorio).

-Exame oral e escrito de francés e alemán.

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

A.3 Posto: profesor de prácticas de servicios (REF. SERV-499).

1) Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en servicios (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como coordina-la formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia docente.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º maître (ou posto superior).

-Coñecementos de inglés ou francés.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5) Probas que se van realizar:

-Exame de coñecementos da área (eliminatorio) sobre: servicios en diferentes tipos de establecementos (restaurante, bar, cafetería, hotel ...), protocolo no servicio, xestión na restauración e atención ó cliente. O temario correspondente recóllese no anexo I.

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 97.

-Proba escrita e oral de inglés ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

A.4 Documentación que se vai presentar:

-Solicitude por posto ó que se opta, indicando a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, Km. 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

A.5 Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A.6 Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

B. Promoción turística.

B.1 Posto: xefe da Oficina Turismo de Santiago de Compostela (REF. XOT-SAN).

1) Funcións principais: responsabilizarse da organización do traballo da oficina, do control de existencias do material de información turística e apoia-lo labor de promoción levada a cabo desde Turgalicia.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-Diplomado universitario.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Dominio, oral e escrito, dos idiomas inglés, francés e galego.

-Profundo coñecemento dos recursos turísticos de Galicia, así como da lexislación turística vixente.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos doutro idioma.

-Capacidade de integración e coordinación de equipos de traballo.

5) Probas que se van realizar:

-Exame, oral e escrito, dos idiomas inglés, francés e galego.

-Proba de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Exame de coñecementos dos recursos turísticos e de lexislación. O temario correspondente recóllese no anexo II.

-Entrevista persoal.

B.2 Posto: auxiliar da Oficina de Turismo de Santiago de Compostela(REF. AOT - SAN).

1) Funcións principais: atención ó visitante facilitándolle toda a información turística que se lle solicite, así como labores propios administrativos.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-FPII ou equivalente.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Dominio, oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Profundo coñecemento dos recursos turísticos de Galicia, e de Santiago de Compostela en particular.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos doutro idioma.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5) Probas a realizar:

-Exame, oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Proba de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Exame de coñecementos dos recursos turísticos. O temario correspondente recóllese no anexo II.

-Entrevista persoal.

B.3 Posto: adxunto área de novos productos (REF. ANP - TUR).

1) Funcións principais: labores administrativos e de apoio na área de referencia.

2) Prazas: 1 (xornada completa).

3) Requisitos:

-FPII ou equivalente.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Dominio, falado e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Profundo coñecemento dos recursos turísticos de Galicia.

-Ter realizado cursos específicos do sector turístico.

4) Valorarase:

-Currículo.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5) Probas que se van realizar:

-Exame, oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.

-Proba de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Exame de coñecementos dos recursos turísticos. O temario correspondente recóllese no anexo II.

-Entrevista persoal.

B.4 Documentación que hai que presentar:

-Currículo.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada.

B.5 Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes faranse chegar a Turgalicia área económica e de persoal. Estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B.6 Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas, publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

Profesor responsable do departamento

de márketing

Proba de coñecementos

O contido da proba de coñecementos versará sobre os seguintes puntos, con especial orientación ós sectores de hostalería e educación.

1. Definición de márketing. Problemática do márketing de servicios.

2. Análise da situación: o mercado, a competencia, o consumidor. Investigación comercial.

3. Producto: análise de gama e ciclo de vida.

4. Prezo: factores determinantes, estratexia xeral de prezos, secuencia de fixación.

5. Distribución: sistemas de distribución, canles propias do sector hostaleiro, a franquicia.

6. Comunicación: venda persoal, promoción, publicidade, márketing directo e relacións públicas.

7. Márketing e planificación estratéxica: estratexias de diferenciación e posicionamento, estratexias competitivas e implementación de estratexias.

8. Lanzamento de novos productos.

Profesor prácticas de servicios

Proba de coñecementos

1. Mise en plaçe.

2. Hixiene no servicio e manipulación de alimentos.

3. Servicio de cafés, infusións e prancha.

4. Coctelería.

5. Servicios en barra.

6. Servicios en mesa.

7. Servicios de almorzo.

8. Servicios de xantar e cea.

9. Organización, planificación e servicio de banquetes.

10. Enoloxía e servicio de bebidas.

11. Coñecementos culinarios (carnes, peixes, gornicións, ensaladas e salsas).

12. Protocolo na restauración.

13. Atención ó cliente.

14. Xestión en restauración.

ANEXO II

Xefe da oficina de turismo

Recursos turísticos de Galicia e lexislación.

1. A Galicia prerromana. O megalitismo. A idade de bronce. A cultura castrexa. A influencia céltica.

2. Arte medieval: o prerrománico en Galicia. O esplendor románico. O gótico.

3. A arquitectura e escultura renacentistas e barrocas en Galicia. Exemplo das súas manifestacións máis importantes.

4. Arquitectura modernista en Galicia. A Xeración Nós e o Seminario de Estudios Galegos. O momento de vangarda da arte galega.

5. Arquitectura popular galega. Materiais, elementos constructivos e tipoloxías da casa vivenda. Hórreos, cruceiros, petos de ánimas, fontes e muíños.

6. Artesanía de oficios populares.

7. O folclore: música e traxes típicos. Romarías e festas populares. Feiras. Crenzas.

8. A gastronomía. Os viños. Principais aspectos da cociña e da viticultura de Galicia. Festas gastronómicas.

9. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

10. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

11. Áreas naturais de interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques a as lagoas.

12. Costa norte e Rías Altas. Especial significación da Costa da Morte.

13. As Rías Baixas.

14. A Galicia interior.

15. O Camiño Francés e outros tramos galegos do Camiño de Santiago.

16. A Ribeira Sacra.

17. Visita á cidade de Santiago de Compostela.

18. Diversificación e novas ofertas: termalismo, golf, turismo náutico, turismo rural, congresos, convencións, turismo activo e de natureza.

19. As catedrais. Os mosteiros.

20. Lei de ordenación e promoción do turismo en Galicia. Lexislación en materia de defensa do consumidor e do usuario.

21. Aspectos fundamentais da normativa reguladora dos aloxamentos turísticos, dos establecementos de restauración e das axencias de viaxes.

Adxunto á área de novos productos

Recursos turísticos de Galicia.

1. Espacios naturais. Situación e características xerais. Flora e fauna.

2. Xeografía costeira de Galicia. Principais accidentes xeográficos. Flora e fauna.

3. Xeografía interior de Galicia. Principais accidentes xeográficos. Flora e fauna.

4. Arquitectura relixiosa en Galicia. Estilos arquitectónicos.

5. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

6. Museos e bibliotecas. Situación e breve descrición (contido e continente).

7. Historia de Galicia. Principais fitos históricos.

8. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e costa.

9. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

10. Rutas turísticas. Amplo coñecemento do Camiño de Santiago.

Auxiliar da oficina de turismo

Recursos turísticos de Galicia e lexislación.

1. Espacios naturais. Situación e características xerais.

2. Xeografía costeira de Galicia. Principais accidentes xeográficos.

3. Xeografía interior de Galicia. Principais accidentes xeográficos.

4. Arquitectura relixiosa en Galicia. As catedrais. Os mosteiros.

5. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

6. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

7. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e costa.

8. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

9. Rutas turísticas. Cidades e vilas históricas de Galicia. O Camiño Francés e outros tramos galegos do Camiño de Santiago.

10. Visita á cidade de Santiago de Compostela.