Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.356

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

MODIFICACIÓN das normas de funcionamento do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O Consello de Administración, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 1998, aprobou a seguinte modificación das normas de funcionamento do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, aprobadas en sesión con data do 24 de setembro

de 1998 e publicadas no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro de 1998.

Que a alínea primeira das normas que regula a composición do consello se complete da seguinte forma:

«Cando unha organización representativa de interese social substitúa un membro do consello por outro, na forma prevista no artigo 24.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acreditándoo ante a secretaría do órgano, a substitución deberá ser remitida pola organización representada ó órgano competente da Comunidade Autónoma, contendo proposta de cesamento e nova designación de membro.

A substitución dos membros do consello será efectiva cando a Comunidade Autónoma efectúe a separación e nomeamentos pertinentes de conformidade co previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante».

A Coruña, 17 de marzo de 1999.

Juan Manuel Páramo Neyra

Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña