Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO

ANUNCIO do concurso con procedemento aberto e tramitación urxente dos servicios para a realización dunha experiencia piloto de teleformación no marco do programa Adapt Bis-Pegaso (expediente 03.004.001).

Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de desenvolvemento dun producto de teleformación que permita a utilización de ferramentas informáticas e telemáticas para a formación a distancia, cara á asimilación de conceptos e contidos, no marco do programa europeo Adapt Bis-Pegaso.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: nove meses aproximadamente. (Desde o día seguinte a aquel en que se lle notifique a adxudicación ó adxudicatario ata o 31 de decembro de 1999, data na que remata a execución do programa Adapt Bis-Pegaso).

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento base: 11.500.000 ptas.

Garantía provisonal: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.

Información: Rexistro da M.A.I.V., Vía Hispanidade nº 17, 36203 Vigo, teléfono: 986 42 33 66, fax: 986 47 14 44.

Presentación de ofertas: a data límite será a dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.

Vigo, 26 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Presidente da Mancomunidade da Área

Intermunicipal de Vigo