Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle IV-12 Ramón Nieto, 6 (expediente 4999/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 5 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6 presentado por Enrique Ramírez Piñeiro en nome e representación da sociedade Pirsa o Grove, S.A., redactado polos arquitectos José luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, e visado polo COAG con datas do 3 de novembro de 1998 e do 13 de xaneiro de 1999.

Procédese a somete-lo expediente ó trámite de información pública durante o período dun mes a través da publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia e significánse que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 15 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo