Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno da Corporación do día 18 de febreiro de 1999, prestouse aprobación ó texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión da praza vacante encargado fontaneiro, encadrada na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo D, existente no cadro de persoal e contida na oferta de emprego público de 1999.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se especifican os requisitos necesarios para o ingreso e os procedementos de selección.

O prazo para a presentación de instancias será de 20 días naturais, computados a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os anuncios sucesivos publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Poio, 24 de febreiro de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde