Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 1171).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público para coñecemento xeral a seguinte adxudicación de contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Concello de Ourense.

B) Dependencia que tramita o expediente: negociado de vías.

C) Número de expediente: Ref. 1171.

2. Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: de obra.

B) Descrición do obxecto: acondicionamento do campo da Ramallosa e rehabilitación de elementos singulares en Santa Cruz de Arrabaldo.

C) Lote: único.

D) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP do 1 de decembro de 1998 e DOG do 28 de xaneiro de 1999.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 21.236.664 ptas.

5. Adxudicación:

A) Data: 25 de febreiro de 1999.

B) Contratista: Construcións Alva, S.L.

C) Nacionalidade: española.

D) Importe de adxudicación: 19.877.518 ptas.

Ourense, 2 de marzo de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde