Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (362/1997).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 12 de febreiro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do polígono na zona 2 do SU-48 do PXOU de Ourense, a pedimento de Francisco Saco Pato.

2º Transmiti-lo aproveitamento urbanístico que lle corresponda polo prezo resultante do seu valor urbanístico, segundo a valoración que consta no expediente cun prezo final de catro millóns setecentas vintedúas mil cento setenta e cinco pesetas (4.722.175) que se destinarán ó patrimonio municipal do solo.

Esta resolución esgota a vía administraitva, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Malia o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de febreiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde