Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de acondicionamento de praza tradicional e recuperación de elementos singulares no núcleo rural das Curuxeiras.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1197.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descripción do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do proxecto de «acondicionamento de praza tradicional e recuperación de elementos singulares no núcleo rural das Curuxeiras».

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 7.211.210 ptas. IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 144.224 ptas. correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 288.448 ptas. correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artígo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de marzo de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde