Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 139/1997).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 66 kV conductor LA-180 sobre apoios metálicos de celosía de 14.478 m de lonxitude, con orixe na subestación do parque eólico Corme e final con entrada subterránea de 70 m na subestación de Cabana de Bergantiños de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., discorrendo polos termos municipais de Ponteceso e Cabana de Bergantiños (expediente nº 139/1997), por resolución desta delegación provincial do 3 de marzo de 1999, para efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, a favor da entidade beneficiaria Desarrollos Eólicos, S.A., con enderezo na Avda. de Buhaira, nº 2, 41018 Sevilla.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación publicada no DOG e no BOP do 10-3-1999, que o representante e o perito da Administración se constituirán nas datas e horas que a continuación se indican, nos predios de cada termo municipal, para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas das casas dos concellos as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación ou servidumes.

Concello de Ponteceso

Día 12 de abril de 1999:

A partir das 11.30 horas, predios núms. 194, 196, 209 e 240.

A partir das 12 horas, predios núms. 254, 263, 265, 269 e 314.

Día 13 de abril de 1999:

A partir das 11.30 horas, predios núms. 329, 330, 332, 336 e 338.

A partir das 12 horas, predios núms. 341, 361, 382, 383 e 398.

Día 14 de abril de 1999:

A partir das 11.30 horas, predios núms. 405, 407, 412, 414 e 417.

A partir das 12 horas, predios núms. 420, 424, 447, 448 e 451.

Concello de Cabana de Bergantiños

Día 15 de abril de 1999:

A partir das 11.30 horas, predios núms. 33, 117 e 121.

A partir das 12 horas, predios núms. 125, 131 e 164.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o consideran, cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de corrixir posibles erros dos bens afectados.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 15 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña