Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da Campaña de Saneamento Gandeiro de 1999.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da Campaña de Saneamento Gandeiro de 1999.

b) División por lotes e número: os que se especifiquen no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

c) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e formación de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincocentos setenta e tres millóns catrocentas oitenta mil pesetas (573.480.000 ptas.). Tres millóns catrocentos corenta e seis mil seiscentos oitenta e catro euros (3.446.684 euros).

5. Garantías.

Provisional: setenta mil oitocentas pesetas (70.800 ptas.). Catrocentos vinteseis euros (426 euros).

Definitiva: cento corenta e unha mil seiscentas pesetas (141.600 ptas.). Oitocentos cincuenta e un euros (851 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 5 de abril de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 12 de abril de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria