Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52701).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo social na Avda. de Arteixo, 171 (A Coruña), para autorización administrativa da instalación que segue:

Ampliación da subestación eléctrica 132/20 kV de Vilar do Colo, consistente en:

-Novo módulo de liña de 132 kV, denominado Forestal del Atlántico, consistente en cabina de liña en SF6, simple barra 1250 A e 25 kA e interruptor con mando electromecánico, seccionador tripolar con mando electromecánico, 3 transoformadores de

intensidade, 1 transformador de tensión e seccionador tripolar de posta a terra:

-Aparellos para mando, control, sinal e medida. Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña