Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización da instalación denominada: ramal de subministración a sucesores de Severino Gómez, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A.

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o ramal de subministración a sucesores de Severino Gómez declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo en edificio Área Central local 31-H ,I, J, 15703 Santiago de Compostela, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 3 de novembro de 1995 para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais en Pontevedra e Tui, concesión que deveu en autorización conforme establece a disposición transitoria décimo quinta da Lei 34/1998, do 7 de outubro.

Obxecto da petición: autorización administrativa e recoñecemento da utilidade pública para a construcción do proxecto de instalacións ramal de subministración a sucesores de Severino Gómez.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: o novo ramal parte da tubería de Enagás que remata na antiga nacional N-550-A, nas proximidades do p.k. 165,5.

O trazado discorre paralelamente á dita nacional ata o cruzamento cun camiño veciñal perpendicular a esta estrada, posteriormente continúa por outro camiño veciñal ata chegar ás instalacións de Sucesores de Severino Góme, S.A.

A lonxitude total do ramal é de 829 m con diámetros de 6'', 4'' e 2''.

Termo municipal afectado: Tui.

Orzamento: o orzamento ascende a nove millóns cen mil seiscentas sesenta e sete pesetas (9.100.667 ptas.).

Afección á predios particulares: a afección a predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares do gasoducto, concrétase da seguinte maneira:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo do trazado da conducción, cun largo de dous metros, un a cada lado do eixe, por onde discorrerá enterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio.

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros a contar do eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar algún acto que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instalar fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou soterradas que cumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores de protección catódica, a franxa de terreo onde se establece a imposición de servidume permanente de paso terá como largo o correspondente á da instalación máis un metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta

centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a metro e medio, a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arranca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, dos que a relación se insire ó final deste anuncio, para que poidan examinala nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo nº 2 e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación de este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ramal de subministración a Severino Gómez.

Abreviaturas empregadas: L.-Lonxitude, O.Tem.-Ocupación temporal

Termo municipal: Tui

AfecciónCatastro

Predio nºTitular e enderezoL.m.l.O.T. mPolig.ParcelaNatureza

PO-TU-1510Montajes Montiño, S.L.

Gándara, s/n, 36700 Tui (Pontevedra)

33330Entrada nave

PO-TU-1511Limpiezas Tui

r/ Lugo, 11, 36700 Tui (Pontevedra)

25100Xardín

PO-TU-1512Ministerio de Fomento-Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Unidade de Estradas de Pontevedra

r/ San Roque, 2, 36701 Pontevedra

46184Estrada

PO-TU-1513Concello

Pza. do Xeneralísimo, 36700 Tui (Pontevedra)

7301.460Pista asfaltada