Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 27000).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A, con enderezo social na Avda. de Arteixo, 171. (A Coruña), para autorización administrativa da instalacións que segue:

Ampliación dun novo módulo 220 kV, para liña de Vimianzo coa subestación Mesón do Vento, consistente en:

-Interruptor automático tripolar e SF6 de 3.150 A.

-Tres seccionadores pantógrafo para barras de 2.000 A.

-Seccionador tripolar para barras de 2.000 A.

-Seccionador tripolar con coitelas posta a terra de 2.000 A.

-Transformadores de intensidade e de tensión.

-Sistema de control, proteccións e medida.-Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña