Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial dun estudio de detalle.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía, con data do 12 de marzo de 1999, o proxecto de estudio de detalle redactado por Alfonso Lage Pérez por iniciativa de Urbanizadora O Monte, S.L., referido á ordenación de volumes edificables en soar sito na rúa O Tambre, Sigüeiro-Oroso, exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no DOG, quedando o expediente á disposición de calquera persoa

que queira examina-lo procedemento na secretaría do concello, para interpoñe-las alegacións pertinentes.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 12 de marzo de 1999.

Eugenio Neira García

Alcalde