Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-342).

Por resolución desta Alcaldía nº 1013/99, con data do 23 de febreiro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización sobre o SUNP B-23-R (sector I) Fonte D'Ouro, en Oleiros, tramitado por Fergo Galicia, S.A.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta