Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (211/1998).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 12 de febreiro de 1999, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por Juan Marcos Toquero Fernández, en representación da Comunidade Hereditaria de Nemesia Sarmiento Rodríguez, Victoria Lourdes Sarmiento e outra e Argimiro Prieto Sarmiento, en representación da Comunidade Hereditaria de Rocío Sarmiento Rodríguez, de acordo co seguinte:

1. A delimitación de polígonos o que comporta a execución integral do planeamento, debe cumpri-la condición de que permita o cumprimento do conxunto dos deberes de cesión, urbanización e xusta distribución das cargas e beneficios na totalidade da súa superficie; que os polígonos delimitados non teñan entre si unha diferencia de aproveitamento superior ó 15% do aproveitamento tipo da Área de Reparto, conforme dispón o artigo 120 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

2. A técnica da subdivisión dun polígono non é incompatible con estes dous principios sempre que se respecten e manteñan en cada un dos polígonos resultantes e que non altere a cesión do 10% do aproveitamento tipo a favor do concello.

3. Os polígonos resultantes da subdivisión non son, ningún deles, discontinuos, polo que non ten cabida o manifestado no punto terceiro das alegacións xa que se respecta o disposto no artigo 120.1º parágrafo segundo.

4. As parcelas propiedade de Viñafersa, S.L., incluídas no polígono 5B non constitúen fondo de edificación de ningún solar, como di o alegante, extremo que pode constatarse examinando a ordenación da zona, senón que se trata de parcelas que, por atoparse dentro dun polígono dunha Área de Reparto, confiren ós seus propietarios uns dereitos, do mesmo modo que ocorre coas que son propiedade dos alegantes, estando suxeitas todas elas ó oportuno reparto de cargos e beneficios, circunstancia que non é nova senón que xa concorría no polígono inicial.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación e subdivisión do polígono número 5 da zona 2 do sector urbano 32, a pedimento de Viñafersa, S.L., representada por Manuel Fernández González, coa condición expresa de que a dita subdivisión non pode afectar nin altera-la cesión do 10% do aproveitamento tipo a favor do concello.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

No obstante ó recurso indicado, poderá utilizar outros que así o crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de febreiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente