Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/16-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Gueral.

Situación: Coles-A Peroxa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea de 20 kV, en conductor de tipo P.A.S.-50, de 893 m de lonxitude, con orixe en torre metálica existente da L.M.T. Os Peares na súa derivación ó C.T. compacto de Pazo Vilanova e remate no C.T. proxectado de Gueral de 50 kVA de potencia e R/T 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Gueral, de 1.185 metros en conductor de tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 18 de febreiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense