Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., rúa Celso Emilio Ferreiro.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 50 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe e remate na L.M.T.S. Capitán Cortés-C.T. Noriega Varela. C.T. non prefabricado compacto en rúa Celso Emilio Ferreiro con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do C.T. Celso Emilio Ferreiro de 150 metros en conductor R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 17 de febreiro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense