Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arbo II.
Situación: Arbo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 185 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio da L.M.T. Frieira-As Neves ata o C.T. que se proxecta en Arbo II, Concello de Arbo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 1.660 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón. R.B.T. aérea, de 165 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón desde o C.T. existente de gasoliñeira Arbo. R.B.T. aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. caseta de Arbo. R.B.T. subterránea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.V. desde o C.T. Arbo II.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de xaneiro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra