Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Queixería San Miguel, S.L., no municipio do Pino, provincia da Coruña. (Expediente c18667).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Queixería San Miguel, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en Brea-San Miguel de Cerceda, no municipio do Pino (A Coruña), resultan os seguintes:

Antecendentes de feito.

Primeiro.-Con data do 17 de decembro de 1997, a planta de coxeración de enerxía eléctrica prevista pola empresa Queixería San Miguel, S.L. foi incluída

no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenrolo da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía.

Segundo.-As características básicas da planta de coxeración prevista serán as seguintes:

-Un motor de combustión interna que funciona con gasoil e cunha potencia bruta de 710 kW mecánicos.

-Un xerador síncrono trifásico de 850 kVA.

-Un centro de transformación de 1 MVA e relación de transformación 400/20.000 V.

-Instalacións de aproveitamento de calor, interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de baixa tensión, protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 17 de decembro de 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 28-5-1998 e no BOP da Coruña do 19-2-1998, sen que se presentase un período legalmente establecido para iso ningunha alegación .

Cuarto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Queixería San Miguel, S.L., que se situará nas súas instalacións do termo municipal do Pino, na provincia da Coruña.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalacións do réxime especial, o promotor deberá

inscribir esta no Rexistro e Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria