Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/63-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas en paso inferior e glorieta de Berbés.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión subterráneas, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Orillamar ata a L.M.T. ó C.T. Frigoríficos Vigo I, de 170 m de lonxitude; desde o C.T. Orillamar ata a L.M.T. ó C.T. Jop Bombas, de 215 m de lonxitude; desde o C.T. Orillamar ata as liñas B.A.L. 726 e T.R.O. 712 ó C.T. Mercado Berbés. R.B.T. subterránea, de 195 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Orillamar. Toda a instalación está situada no Concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra