Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora do trazado da estrada LU-630, tramo Paderne-Baleira, clave N-LU-87.2.2, termos municipais de Lugo, Castroverde e Baleira (Lugo).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data 4 de decembro de 1992, aprobou o proxecto das obras de alargamento e mellora do trazado da estrada LU-630, tramo Paderne-Baleira, clave N-LU-87.2.2.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 17 de decembro de 1992 (Decreto 379/1992, do 17 de decembro Diario Oficial de Galicia nº 1, do 4 de xaneiro de 1993) declárase a urxencia, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Lugo, Castroverde e Baleira e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: concello de Baleira. O levantamento das actas será no salón da Casa do Concello de Baleira.

Día: 15 de abril de 1999 de 13.45 a 14.15 horas.

Lugar: concello de Castroverde. O levantamento das actas será no salón da Casa do Concello de Castroverde.

Día: 15 de abril de 1999 de 12 a 13.30 horas.

Lugar: concello de Lugo. O levantamento das actas será na escola de San Pedro de Romean-Tellado.

Día: 15 de abril de 1999 de 10.30 a 11.45 horas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o xulgan oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante a Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, sita na Ronda da Muralla, 70, 27001-Lugo, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendaren posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 5 de marzo de 1999.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo