Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.292

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998.

De conformidade co previsto na base 6.1 da Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 10, do 18 de xaneiro de 1999) pola que se fai pública a convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, rematada pola Comisión de Baremación a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, procede resolver provisionalmente o dito concurso voluntario de traslados.

En consecuencia, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolto provisionalmente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998, adxudicando a puntuación provisional acadada e, se é o caso, o destino dun xeito provisional, sen que este supoña dereito ou expectativa ningunha.

As correspondentes listaxes de adxudicación atópansen expostas nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, así como nos diferentes centros de xestión de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Declarar excluídos provisionalmente do concurso voluntario de traslados ós concursantes que, en cada especialidade, aparecen reflectidos como tales polas causas que se especifican.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base 6.3 da Resolución do 28 de decembro de 1998, os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional, para formular reclamacións contra ela ou, de se-lo caso, para emendar aquelas causas de exclu

sión do concurso voluntario de traslados que sexan susceptibles de tal emenda.

Igualmente, e de acordo co disposto na base 4.6 da Resolución do 28 de decembro de 1998, os interesados que o dexesen poderán, dentro do dito prazo, desistir da súa participación neste concurso.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos