Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, por Orde do 13 de xaneiro de 1999 (DOG nº 14, do 22), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Número de rexistro: 33.238.663.35 A0590.
Grupo: A.
Apelidos e nome: Lois Salgado, Benxamín.
Posto de traballo: xefe do Servicio de Expansión da Comunidade Científica.
Nivel: 28.
Código posto: PR.P11.00.001.15770.031.
Centro directivo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Localidade: Santiago de Compostela.