Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave GA/99/23.0.

a) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para a realización dunha campaña publicitaria en medios de comunicación galegos do plan de estradas de Galicia e das infraestructuras viarias na Comunidade Autónoma.

Clave: GA/99/23.0.

Orzamento: trinta e oito millóns setecentas oitenta e nove mil duascentas corenta pesetas (38.789.240).

Prazo de execución: mes e medio.

Clasificación: non se esixe.

A solvencia económica acreditarase mediante informe, expresamente referido á presente licitación, emitido por unha institución financeira, de conformidade co artigo 16.1º.a) da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional esixirá a acreditación de que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos tra

ballos, segundo as especificacións que se conteñan no prego de prescricións técnicas. Dunha experiencia mínima de dous anos na producción dos spots publicitarios, que se acreditará conforme o previsto no artigo 19b) da lei.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de precricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase una garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto días natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda