Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por Resolución da Alcaldía do 2-2-1999 aprobáronse inicialmente os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación dos terreos da unidade de execución delimitada no predio Orxeira e Xenra sita en Piñeiro-Meirás, promovidos por Suárez Duque Lydia e outro C.B. e a sociedade Imformaco S.L.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 133.4º en relación co 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días contados desde a publicación deste anuncio no DOG co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo dito expediente e formula-las alegacións que coiden oportunas.

Sada, 3 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado