Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de renovación do saneamento na avenida de Portugal (tramo camiño Fonte do Bispo rúa Erbedelo intersección rúa Marcelo Macías).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructura, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1183.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do proxecto de renovación do saneamento na Avda. de Portugal (tramo camiño Fonte do Bispo r/ Erbedelo intersección r/ Marcelo Macías).

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Trámite: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 10.444.295 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 208.886 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 417.772 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de febreiro de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde