Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación definitivia da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste municipio, para cambio de denominación das salas de reunión por locais de ocio, e a súa regulamentación.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 8 de febreiro de 1999, acorda prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste municipio, para cambio de denominación das salas de reunión por locais de ocio, e a súa regulamentación.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a modificación aprobada deberá publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 23 de febreiro de 1999.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde