Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999 pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a organización de diversos actos de promoción lingüística en diferentes cidades no marco da viaxe oficial que o Goberno galego vai realizar a Australia e Nova Celandia.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00), faise público:

1. Obxecto: organización de varias actividades en coordinación coa organización da viaxe oficial do Goberno galego a Australia e Nova Celandia durante o mes de abril de 1999. O programa que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares está suxeito a posibles modificacións de datas e horarios.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 14.000.000 de ptas., IVE incluído.

4. Garantía provisional: 280.000 ptas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do terceiro día contado a partir do seguinte ó do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

P.D.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística