Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do soar sito na avenida de Madrid, número 18 (expediente 4843/411/1998).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle do soar sito na Avda. de Madrid nº 18, segundo a documentación presentada por Manuel González Rodríguez, redactado polo arquitecto José Herrero García, visado polo COAG con data do 20 de maio de 1998 e de conformidade coas determinacións da parte expositiva do acordo.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 15 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo