Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO-CONVOCATORIA de concurso: pistas polideportivas en Vilamaior, Caldeliñas-Salgueiro, Tamagos e Queizás.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Verín. B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. C) Número de expediente: 42/1999.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: obras de pistas polideportivas en Vilamaior, Caldeliñas-Salgueiro, Tamagos e Queizás.

B) Lugar de execución: nos núcleos de Vilamaior, Caldeliñas-Salgueiro, Tamagos e Queizás.

C) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente. B) Procedemento: aberto. C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 32.000.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 640.000 pesetas.

Definitiva: 1.280.000 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: concello de Verín. B) Domicilio: praza do Concello. C) Localidade e código postal: Verín, 32600. D) Teléfono: 41 03 34. E) Fax: 41 19 00. F) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Grupo: C; subgrupo: 6; categoría: d.

8. Presentación das proposicións.

A) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

B) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

C) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

D) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

E) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

A) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

B) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

A) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

B) Aprobación expediente de contratación: Decreto 26-2-1999.

C) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios.

Serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 26 de febreiro de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde