Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 25 de febreiro de 1999, acordou:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo o Plano Especial do Núcleo Histórico do Concello de Ribadavia.

Segundo. Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP, en cumprimento o disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de conformidade co establecido na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998.

Ribadavia, 11 de marzo de 1999.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde