Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 24 de febreiro de 1999, aprobou o expediente de contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da obra de pavimentación camiños en Vixoi, Ouces, Lubre, Cortiñán e Guísamo, incluída na 5ª fase da anualidade 1999 do Plan 2000 de infraestructuras.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: concello de Bergondo ( A Coruña).

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: pavimentación camiños en Vixoi, Ouces, Lubre, Cortiñán e Guísamo.

B) Plan: 2000 de infraestructuras, anualidade 1999, 5ª fase.

C) Lugar de execución: parroquias de Vixoi, Ouces, Lubre, Cortiñán e Guísamo.

D) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.652.110 pesetas.

5. Garantías.

A) Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación, 153.042 pesetas.

B) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación, 306.084 pesetas.

6. Obtención de documentación.

A) Concello de Bergondo (A Coruña). Secretaría, estrada Coruña, 12, 15165 Bergondo (A Coruña). Teléfono: 79 12 52. Fax: 79 42 33.

B) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior ó remate de presentación de propostas.

7. Prego de cláusulas administrativa que rexe o contrato.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares para a adxudicación de obras, mediante concurso, con procedemento aberto, aprobado pola deputación provincial en sesión de data 28-11-96 e publicado no BOP número 282 do día 9-12-96.

8. Presentación das ofertas.

A) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

B) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

C) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Bergondo.

9. Data, lugar de hora de apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó remate de presentación de proposicións, ás 13 horas, na Casa do Concello de Bergondo.

10. Documentación e modelo de proposicións.

Presentaranse en tres sobres cerrados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego. O modelo de proposición é o que figura no anexo II do dito prego.

Bergondo, 8 de marzo de 1999.

José Carabel Balsa

Alcalde