Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto nos artigos 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 128 do Regulamento de planeamento, faise público que o Concello Pleno en sesión celebrada o 8 de marzo de 1999 prestou aprobación inicial ó expediente de modificación puntual do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana promovido por Area Maliaño, S.A. na conexión da N-634 co camiño de Vilar.

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio o expediente queda sometido a información pública podendo examinarse nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que se estimen oportunas.

Ribadeo, 9 de marzo de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde