-Obxecto: apoio técnico para supervisión de proxectos.
-Importe: 21.600.000 ptas.
-Anualidades:
1999: 3.600.000.
2000: 5.400.000.
2001: 5.400.000.
2002: 5.400.000.
2003: 1.800.000.
-Duración: 4 anos (prorrogables).
-Aplicación orzamentaria: 5001.2223.621.6.
-Sistema de execución: concurso aberto.
-Forma de tramitación: urxencia.
Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles a documentación descrita na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir as 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.
P.D. (Decreto 49/1998, do 5-2-1998)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos