Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto, para a contratación do apoio técnico para supervisión de proxectos (número 8).

-Obxecto: apoio técnico para a supervisión de proxectos.

-Importe: 21.600.000 ptas.

-Anualidades:

1999: 3.600.000.

2000: 5.400.000.

2001: 5.400.000.

2002: 5.400.000.

2003: 1.800.000.

-Duración: 4 anos (prorrogables).

-Aplicación orzamentaria: 5001.2223.621.6.

-Sistema de execución: concurso aberto.

-Forma de tramitación: urxencia.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles a documentación descrita na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir as 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5-2-1998)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos