Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da explotación da cafetería e restaurante do Hospital da Costa, así como a súa dotación e equipamento.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto con carácter urxente:

C.P. 2/99, Explotación da cafetería e restaurante do Hospital da Costa, así como a súa dotación e equipamento da mesma.

1. Canon mínimo anual: 300.000 ptas. (1.803,036 euros).

2. Prazo de execución: 1 mes para a dotación e equipamento da cafetería e restaurante, contados desde a sinatura do contrato e 10 anos para a explotación.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e Fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

4. Admisión de variantes: admítense variantes sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

5. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios global, así como dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

6. Solvencia técnica: acreditarase mediante unha relación dos principais servicios efectuados durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles.

7. Criterios de adxudicación:

Mellora no cánon ofertado: 4 puntos.

Experiencia no sector: 4 puntos.

Relación prezo/calidade dos productos ofertados, tendo especial consideración os productos con asterisco (*) indicados na lista de prezos: 4 puntos.

Nº de persoas que integren o cadro de persoal e a súa profesionalidade: 4 puntos.

Solución ofertada polo licitador para a instalación dunha cafetería provisional no lugar proposto pola Dirección do Hospital da Costa, mentres duren las obras de acondicionamento: 4 puntos.

Calidade da dotación e equipamento ofertado: 4 puntos.

Orzamento ofertado polo licitador para o investimento que se vai realizar: 6 puntos.

8. Fianzas: fianza provisional do 2% do orzamento do investimento que se vaia realizar. A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados, precintados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Burela, 8 de marzo 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela