Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do servicio da realización de probas analíticas en laboratorio externo.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

*C.P. 3/99, Servicio da realización de probas analíticas en laboratorio externo. Orzamento: 10.500.000 pesetas (dez millóns cincocentas mil) IVE incluído, 63.106,270 euros.

1. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999 con posiblidade de prórroga por anos naturais.

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e Fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

3. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, melloren as esixencias técnicas previstas.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o previsto no artigo 16 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase mediante o previsto no artigo 19 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 5 puntos.

Control de calidade: ata 4 puntos.

Prazos de entrega e recollida: ata 3 puntos.

Sistema de comunicación co hospital: ata 3 puntos.

7. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación (210.000 pesetas, 1.262,125 euros). A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Burela, 8 de marzo 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Directro xerente do Hospital da Costa de Burela