Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncian os concursos públicos de subministracións sucesivas para adquisición de carnes (C.P. 2/1999); productos de panadería, embutidos, ovos, lácteos e derivados (C.P. 3/1999); productos conxelados, para xantares e outros (C.P. 4/1999) e froitas e verduras frescas (C.P. 5/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) e segundo se establece no Decreto 211/1998, do 25 de xuño (DOG nº 133, do 13 de xullo), resolve convoca-los concursos públicos seguintes:

-Expediente C.P. 2/1999:

Obxecto: adquisición de carnes de xato, porco, coello, polo e pavo. (Lote único).

Orzamento: 13.949.375 ptas. (IVE incluído).

-Expediente C.P. 3/1999 (plurianual):

Obxecto: adquisición de productos de panadería, embutidos, ovos, lácteos e derivados. (5 Lotes).

Orzamento: 32.649.835 ptas. (IVE incluído).

-Expediente C.P. 4/1999 (plurianual):

Obxecto: adquisición de productos conxelados, para xantares, condimentos, legumes, zumes, pastas e outros. (5 Lotes).

Orzamento 33.455.100 ptas. (IVE incluído).

-Expediente C.P. 5/1999 (plurianual):

Obxecto: adquisición de froitas e hortalizas frescas. (Lote único).

Orzamento: 33.403.095 ptas. (IVE incluído).

Nos expedientes C.P. 3/1999 e C.P. 4/1999 os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran nos pregos de prescricións técnicas.

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: ver punto 4.2 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Admisión de variantes: ver punto 4.4 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 8 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: ver punto 7 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cris

tal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Fianzas: provisional: ver punto 9 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas. Definitiva: 4% do importe de licitación do que sexa/n adxudicatarios/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguite día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 988 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS.XX. do complexo hospitalario, a partir das 9 horas do décimo primero día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 2 de marzo de 1999.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense